martes, 2 de noviembre de 2010

Samaín






Samhain é a festividade de orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro se celebraba o final da tempada de colleitas na cultura celta e se consideraba como o "Ano Novo Celta", que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo. A súa etimoloxía é gaélica.
Foi practicada dende hai máis de tres mil anos polos pobos celtas que poboaron toda Europa.
Na actualidade 
Samhain continúa celebrándose polos seguidores de movementos neo-pagáns, (relixión) como a wicca e o druidismo.

Por un lado encontramos que a orixe pagá da celebración poderiamos atribuílo á celebración Celta, chamada "
Samhain" e que tiña como obxectivo reverenciar aos antecesores. A invasión dos Romanos (46 a. C.) ás Illas Británicas deu como resultado a mestura da cultura Celta, a cal co tempo rematou por desaparecer. A súa relixión, coñecida como Druidismo, desapareceu na maioría das comunidades celtas coa evanxelización que tivo lugar a finais do século II.



No hay comentarios:

Publicar un comentario