miércoles, 3 de noviembre de 2010

Bateas


  • As bateas consisten nunha armazón rectangular de madeira de 100 a 500 metros cadrados soportada por flotadores de aceiro recubertos con fibra de vidro, poliéster ou recheos con poliéster expandido. As bateas miden aproximadamente 20 metros de ancho e 25 de longo. 
  • O cultivo de mexillón é o de maior produción na Acuicultura de España e dos máis importantes en Europa, alcanzando regularmente as 250.000 toneladas anuais. España é o segundo produtor mundial desta especie despois de China (450.000 toneladas anuais).
  • Esta produción lévase a cabo en balsas flotantes que se denominan bateas. As bateas ordénanse en grupos chamados polígonos, cuxa disposición e número están controlados polas autoridades autonómicas. Recentemente limitouse a 500 o número de cordas por balsa para evitar a saturación das zonas de cultivo e favorecer un mellor crecemento.
  • A balsa suxéitase ao fondo mediante unha ou dúas cadeas de aceiro e un peso de vinte toneladas. Da armazón de madeira cólganse cordas de nailon de tres centímetros de grosor e de dez a doce metros de longo, onde se engorda o mexillón.
     *Catro etapas de cultivo:
Ao produtor ou cultivador de mexillón coñéceselle como 
mexillonero e conta cunha embarcación especial para realizar algunhas das manobras de cultivo. En xeral o cultivo de mexillón pódese diferenciar en catro etapas: 
  1. Obtención de semente. 
  2. Colocación da semente en cordas.
  3. Desdobre ou control do número de exemplares.
  4. Engorde e colleita. O cultivo comeza coa colecta de pequenos mexillóns ( de entre 0,250 mm. e 2 cm.) aos que se lles denomina "semente", xa sexa das zonas rochosas expostas ao océano e illas próximas (70%) ou de colectores artificiais que se colocan nas propias balsas de cultivo (30%).




No hay comentarios:

Publicar un comentario