martes, 15 de febrero de 2011

8. Dispositivos de almacenamento


  • Discos magnéticos.






  Os discos magnéticos gardan a información en superficies (discos) de natureza magnética. Antes de poder utilizar un disco magnético, este ha de ser preparado para que poida recibir a información; esta operación divide o disco en pistas e sectores nos que se almacenará a información.






  O disco flexible, utilizado ata a aparición da memoria flash, era o soporte de almacenamento (magnético) que se utilizaba para transportar información dun ordenador a outro. Os discos flexibles máis utilizados eran os chamados discos de 3 1/2, aínda que existían outros como os discos ZIP e os LS-x.
  Hoxe en día, o representante máis importante dos discos magnéticos é o disco duro, tamén chamado disco fixo, xa que adoita estar dentro do ordenador. Isto xa non é de todo certo, xa que existen e son frecuentes os discos duros extraíbles e os discos duros externos.
  Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cun eixe en común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras dos discos.
  Dependendo da tecnoloxía para a transferencia de datos, os discos poden ser de varios tipos; na actualidade, os máis usados son discosIDE; esta tecnoloxía permite conectar ata catro discos con capacidades de Gigabytes.
  A superficie magnéticas dos discos podese alterar pola proximidade dun campo magnético forte ou polas altas temperaturas.
  Estructura: la estructura es similar entre todos ellos, con algunas pequeñas diferencias.
  1. Caras: é a superficie superior e inferior do disco.
  2. Pistas: son os círculos concéntricos nos que se divide cada cara do disco.
  3. Sectores: son as divisións que se fan en cada pista; todolos sectores dun mesmo disco teñen a mesma capacidade.
  4. Cilindros: aparece o concepto de cilindros para designar ós distintos conxuntos de pistas situadas na mesma posición de cada disco.
  • Disco ópticos.






  A aparición dos discos ópticos (CD-ROM e DVD), provocou unha revolución nos sistemas de almacenamento, grazas á enorme cantidade de información, de moi distinta natureza, que poden almacenar cun custo relativamente baixo. Todos estes discos utilizan tecnoloxía óptica.

  1.  CD-ROM.




 Como o seu nome indica, contén información que só pode ser lida, polo que se utiliza para almacenar información que non teña que ser modificada; esta característica, unida á súa gran capacidade e a que a súa información gravada nel pode ser de distinta natureza, fan do CD-ROM un soporte ideal para enciclopedias, xogos, software interactivo, etc.
  A información nun CD-ROM está almacenada nunha soa cara, seguindo unha pista única de forma de espiral que comeza no centro do disco e termina no exterior; esta pista está dividida en sectores.
  Como calqueira outro dispositivo de almacenamento, para poder ler os datos grabados nun CD é necesario que o ordenador dispoña dun lector  de CD-ROM.


     2. DVD-ROM

 Son aparentermente iguais os CD, pero a súa diferencia radica na capacidade de almacenamento. Os DVD poden almacenar ata 1,7 GB, o que os convirte nos substitutos dos CD.
 A gran capacidade dun DVD é consecuencia dos factores principais: empreganse as duas caras para grabar, e se graba información en cada capa de cada una de las caras.
 Os DVD teñen un laser de maior potencia para poder ler con precisión os datos almacenados nel.


      3.DVD e CD regrabable


 Unha unidade grabadora é unha unidade de almacenamento e lectura, xa que permite ler a información contida nun CD e, ademáis, escribir información sobre un CD virxe.
 As unidades regrabadoras, ademáis de poder ler e grabar como unha grabadora, son capaces de modificar a información grabada nun disco óptico. Pero para que isto sea posible, o CD tamén debe ser regrabable.
 Posto que as regrabadoras poden realizar 3 traballos (grabar, regrabar e ler), se caracterizan pola velocidade con a que efectúa cada unha destas operacións. Así por exemplo, unha unidade grabadora de CD 16X, 8X, 48X, graba a unha velocidade de 16X; a velocidade con que se escribe nun CD regrabable é de 8X, e a velocidade de lectura é de 48X.
  • Discos mágneto-óptico.
  Estos discos empregan unha tecnoloxía mixta: magnética e óptica. A súa gran ventaxa é que permiten almacenar unha gran cantidade de información mediante a tecnoloxía óptica, pero, ademáis, os datos poden ser borrados e modificados grazas a tecnoloxía magnética.
   A superficie destos discos está constituída por unha aleación de metal cristalino sobre unha superficie de aluminio (encargada de reflexar posteriormente o láser); ambas están situadas entre dous capas de plástico que as protexe.
  Á hora de grabar ou modificar información, o láser quenta unha pequena porción de superficie da aleación cristalina, liberando ós cristais o suficiente para permitirlles o movemento. o campo magnético é capaz de orientalos para que cambien a súa posición e poder así representar os dixitos (1 e 0) correspondentes a nova información.
  A lectura de información se realiza do mesmo modo que nun disco óptico; a orientación dos cristais fai que o raio de luz se reflexe ou non na dirección determinada para que sea detectada por un sensor e poda converterse en información dixital (0 e 1).
  • Dispositivos de almacenamento baseado na memoria flash.
  As memorias flash, inicialmente empregadas para almacenar os datos da BIOS do ordenador, se popularizaron e o seu uso se xeneralizou ata o punto de que cada vez son máis os dispositivos de almacenamento que emprega esta tecnoloxía.
  Estos dispositivos non solo son dispositivos informáticos, se non que se estendeu o seu uso a outros dispositivos informáticos, como, por exemplo, as cámaras fotográficas ou de videos dixitais. No caso dos dispositivos informáticos, soen conectarse a un porto USB, dende o cual se obten a enerxía suficiente para o seu funcionamento.
  As características máis salientables son o seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou bateria que suministre enerxía á memoria para manter a grabación.
  Como cualquier outra memoria, a memoria flash está constituída por celdas nas que se garda a información que se quere almacenar. Cada celda é como un transistor convencional, pero cunha porta adicional que é a encargada  da carga de información. A memoria flash non é unha memoria RAM, posto posto que nese caso necesitaría enerxía de forma permanente para non perder os datos.
  • 5 fotos sobre o tema, cada unha co seu título.
     
    disco magnético                                                                   disco óptico





disco magnético óptico                                                              memoria flash


                                             
                                                                      Blu ray
  • 1 texto con ligazón a unha páxina web que trate do tema.
  • Discos blue-ray:




Blu-ray, tamén coñecido como Blu-ray Disc ou BD, é un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade. A súa capacidade de almacenamento chega a 25GB por capa, aínda que Sony e Panasonic desenvolveron un novo índice de avaliación (i-MLSE) que permitiría ampliar un 33% a cantidade de datos almacenados, dende 25 a 33,4 GB por capa. Aínda Que outros apuntan que o sucesor do DVD non será un disco óptico, senón a tarxeta de memoria. Non obstante, estase a traballar no HVD ou Disco holográfico versátil con 3,9 TB. O límite de capacidade nas tarxetas de formato SD/MMC está xa en 128 GB, tendo a vantaxe de ser regrabables polo menos durante 5 anos.




O disco Blu-ray fai uso dun raio láser de cor azul que permite almacenar substancialmente máis información que o DVD nun disco das mesmas dimensións e aspecto externo. Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser (blue ray significa 'raio azul').




Outra característica importante dos discos Blu-ray é a súa resistencia ás rayaduras e a sucidade. A delgada separación entre a capa de lectura e a superficie do disco facía estes discos máis propensos ás rayaduras e sucidade que un DVD normal. É por iso que se pensou primeiro en comercializalos nunha especie de carcasa ou Caddy. A idea foi desbotada grazas á elaboración por parte deTDK dun substrato protector chamado Durabis, que non só compensa a fraxilidade, senón que lle outorga unha protección extra contra as rayaduras o devandito disco.




Existen tamén discos DVD con esta protección, pero non é tan necesaria debido ao maior espesor da capa que separa os datos da superficie do disco, 0,6 mm.

martes, 8 de febrero de 2011

7. DISPOSITIVOS DE ENTRADA E SAÍDA.


  • Dispositivos de entrada:
  1.  Raton: este dispositivo permite transmitir información ó ordenador de dous modos. desprazándoo por unha superficie para probocar o seu movemento pola pantalla, e pulsando os seus botóns para realizar certas accións dependendo de onde este situado o cursor.
  2. Teclado: É o modo máis frecuente de introducir información no ordenador. Hai variedade de teclados, con posibilidade de conectalos a distintos portos e incluso con transmisión de datos por infrarroxos.
  3. Lectores de códigos de barras: os códigos de barras soen empregarse en supermercados, almacéns, tendas, etc., para identificar os productos. Son capaces de ler e interpretar a secuencia de barras, permitindo o ordenador identificar o producto, e obtendo así, información acerca del.
  4. Escáner: É un dispositivo que permite introducir información dende documentos en papel, e incluso caracteres, aínda que pàra iso ten que dispoñer do sistema OCR (Optical Character Recognition). A calidade dun escáner midese en ppp ou dpi, unidade que indica el número de puntos que toma cada pulgada.
  5. Joystick: o principal campo de aplicación deste dispositivo son os videoxogos; introduce no ordenador os movementos efectuados pola palanca e algunhas ordes mediante a pulsación dun botón. Tamén se emprega como mecanismo de desprazamento en entornos tridimensionais.
  6. Tabletas dixitalizadoras: estos taboleiros empréganse para realizar debuxos e gráficos con precisión. Son frecuentes nas profesións que de necesitan realizar debuxos detallados.
  7. Lectores de bandas magnéticas: a utilización destas está cada día máis estendida. Son dispositivos capaces de ler a información grabada en dicha banda.
  8. Pantallas táctiles: ademaís de mostrar información, ofrecen a posibilidade de introducir información con tan so situar o dedo na superficie.
  9. Tablet PC: constitúen a última evolución dos portátiles ou das PDA, con tamaños intermedios entre ambos; soen ter unha pantalla de 10" que serve para introducir datos, de forma parecida a como se fai nunha PDA.
  10. Cámaras dixitais: existen dispositivos que permiten introducir tanto imáxenes como vídeos no ordenador. Nas cámaras fotográficas dixitais, as imaxes poden descargarse ó ordenador para ser manipuladas e as cámaras dixitais de vídeo, que, ademáis de ofrecer a posibilidade de transferir suas grabacións dixitais para que sean editadas, poden ser empregadas para trnsmitir imaxenes en tempo real.
  11. Micrófono: este dispositivo clásico pode empregarse tamén como dispositivo de entrada, sempre e cando se dispoña dunha tarxeta de son no ordenador. Tamén permite,co software específico de reconocemento da voz, dictar o contido dun documento ou dar ordes ó ordenador.
  • Dispositivos de saída. 
  1. Monitores convencionais: o seu funcionamento baséase na utilización dun tubo de raios catódicos que envía, dende o fondo cara á pantalla, unha corrente de electróns que ao chocar cunha superficie de material fosforescente situada na parte inferior da pantalla, a ilumina. Formando imaxes. As imaxes están formados por un número determinado de puntos, chamados pixeis.
  2. Pantallas planas de cristal líquido (LCD): estes monitores, evolucionados das pantallas de calculadoras e portátiles, utilizan millóns de celas de cristal líquido que se polarizan e permiten o paso de determinados raios, que compós a imaxe no monitor.
  3. Pantallas planas TFT: están constituídas por unha matriz de millóns de puntos; cada punto é un transistor que actúa de forma independente, e o conxunto de todos eles forman unha imaxe de alta calidade.
  4. Monitores de plasma: trátanse tamén de monitores planos, habitualmente de grandes dimensións, baseados na utilización dun gas (plasma) que,en cada un dos puntos (pixeis) da pantalla, adquire a cor, o brillo, etc., necesarios para conformar a imaxe.
  5. Impresoras de margarida ou matriciais: estas impresoras, xa en desuso, baseaban a impresión no golpeo sobre unha fita impregnada en tinta, que ao tomar contacto no papel o manchaban marcando no a información.
  6. Impresoras térmicas: estas basean o seu funcionamento na tinguidura do papel mediante un proceso térmico; adoitan ser impresoras de cor, de custo económico moi alto. Empréganse sobre todo para imprimir billetes.
  7. Impresoras láser: utilizan unha tecnoloxía similar á das fotocopiadoras. Son bastante máis rápidas e permiten obter resultados de alta calidade; cada vez son máis frecuentes as impresoras láser de cor.
  8. Impresoras de chorro de tinta: dada a súa boa relación calidade/prezo, estas son as máis utilizadas entre os usuarios de ordenadores persoais. Trátanse de impresoras de cor que obteñen a impresión pola maior impresión de tinta líquida a través de cabezais.
  9. Plotter: trátase dun dispositivo que se utiliza nas aplicacións de deseño asistido por ordenador, xa que permite imprimir planos, debuxos técnicos, mapas, deseños industriais... cunha excelente calidade. O potter está constituído por un brazo robótico, en cuxo extremo se encontra unha plumiña; a gran diferenza respecto ás impresoras é que realiza debuxos con trazos continuos, conseguindo así figuras de gran calidade.
Microfilme COM: esta técnica utilízase habitualmente en bancos e bibliotecas, xa que permite almacenar información nun espazo moi reducido.
  • Frecuencia e resolución dun monitor.



  1. Frecuencia dun monitor: indica o número de veces que mostra as imaxes nun segundo;un valor baixo de frecuencia supoñerá que a imaxe vibre e que a vista teña que esforzarse máis do normal.
  2. Resolución dun monitor:
    depende do número de puntos (pixeis), que se obtén como o produto do número de lineas polo número de pixeis de cada un dellas; ademais, o número de cores tamén inflúe na calidade de imaxe.